Thursday 16 de May de 2024

Os luns abrirá o prazo de preinscrición dos campamentos de conciliación de Nadal


O Concello de Riveira informa de que do 2 ao 15 de decembro estará aberto o prazo de preinscrición dos campamentos de conciliación do Nadal Cultural 2019.
Dous serán os campamentos ofertados:
• Por un lado, o Campamento Multidisciplinar Nadal Concilia, que está dirixido a nenos e nenas nados entre o 2011 e o 2016 das parroquias de Santa Uxía e Palmeira e ten capacidade para 120 participantes distribuídos en 4 grupos. Terá lugar no Conservatorio Municipal de 9 a 14 horas entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro (inclúe o 24 e o 30 de decembro). O prezo de matrícula son 24 euros.
• Por outro, o Campamento Multidisciplinar Nadal Xogo, con dúas sedes, unha na Casa de Cultura de Aguiño (para as parroquias de Aguiño, Carreiras e Castiñeiras) e outra no Centro Social de Oleiros (para Oleiros, Corrubedo, Olveira e Artes). Está dirixido a nenos e nenas nados entre o 2011 e o 2015 e ten capacidade para 60 participantes distribuídos en 2 grupos. Terá lugar de 9 a 14 horas entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro (inclúe o 24 e o 30 de decembro). O prezo de matrícula son 24 euros.
Haberá un 20% de desconto no prezo de matrícula para familia numerosas, desempregados de longa duración e persoas con discapacidade de ao menos un 33%. Ademais, reservaranse un 10% das prazas para emerxencia social.
En caso de encherse os cupos a orde de prioridade será a seguinte:
– Participantes empadroados en Riveira
– Proxenitor (pai/nai/titor) en activo.
– Orde de inscrición.
A preinscrición pódese formalizar cubrindo un formulario online na páxina web do Concello a partir do 2 de decembro ás 9.30 horas ata as 23.59 do 15 de decembro ou de xeito presencial no Centro Cultural Lustres Rivas, de 9.30 a 13.30 horas, de luns a venres.
Información: 981 835 650 / culturaefestexos@riveira.com.